Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 02 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Corte do subministro da auga da traida en Salvaterra

O BNG Condado-Paradanta denuncia que levan "6 meses con máis de 20 cortes e falta de calidade da auga da traída, pero este 1 de xaneiro sufrimos un corte total de máis de 8 horas sen aviso previo en todo o Concello, sendo máis grave nalgunhas parroquias que levan dende o día 31 sen auga".

 

"Ao restablecerse o servizo o Concello recomenda que non se utilice a auga para consumo, recomendación que non fixo o 23, 24, 25 e 26 de decembro cando denunciamos unha alerta sanitaria por  un brote de gastroenterites con posible relación coa auga da traída, onde se viu afectada unha parte importante da veciñanza" explican os nacionalistas.

 

Dende este grupo reclaman "ao goberno do PP de Salvaterra, responsable do servizo, que explique á poboación as causas reais do problema de subministro que vimos sufrindo, que solucións vai dar e en que prazos,  porque xa leva dado varias versións creando un gran enfado e desconfianza na poboación".

 

"Pedimos responsabilidades ao goberno do PP de Salvaterra e a bonificación nos servizos da auga para as persoas e negocios afectados, porque entendemos que non se está cubrindo un servizo básico" sinalan dende o BNG ao tempo que lamentan "os danos e prexuízos sufridos pola veciñanza".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.