Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 03 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Aceesca consegue unha parcela para a creación dunha planta de compostaxe

Trátase dun terreo de máis de 900 m2 anexo á Escola Profesional Aceesca

O Concello do Porriño cederá á Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual Aceesca unha parcela anexa á súa Escola Profesional para a implantación dunha planta de compostaxe  que permita a autoxestión de residuos do centro.


“Para Aceesca isto suporá , ademais do cumprimento de ODS que teñen na súa planificación estratéxica, unha xeración de emprego adicional de persoas con discapacidade intelectual e o aforro de costes de produtos”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Por iso se acordou ampliar a actual cesión de 7.685,06 m2 coa adhesión de outra de 946,26 m2 que albergará a planta de reciclaxe”.

 

 

 

 

A planta de reciclaxe permitirá autoxestionar os residuos producidos pola actividade de xardinería e restauración que se leva a cabo no invernadoiro do centro

 

 

 


Cabe destacar que a finalidade é poder autoxestionar todos os residuos producidos pola actividade de xardinería e restauración que se leva a cabo no invernadoiro do centro, convertíndoos en materia prima para a produción do mesmo. Isto permitiría reciclar un volume do 25% dos residuos, é dicir unhas 50 toneladas anuais.


O rexedor concluíu eloxiando “o encomiable labor social que desempeña Aceesca no municipio” motivo polo cal “contará sempre co respaldo do Concello do Porriño en todas as iniciativas que emprenda na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.