Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 19:57:34 horas

Xornal21.es
Jueves, 05 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A colleita de uva da finca do Castelo de Soutomaior proporciona á Deputación ingresos de 46.355 euros

A produción nas 4 hectáreas de viñedos foi a mellor colleita desde o 2015

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a liquidación pola venta da uva da finca do Castelo de Soutomaior, que vai proporcionar á institución provincial uns ingresos de preto de 47.000 euros (46.355€). Hai que lembrar que na vendima deste ano recolléronse un total de 18.651 quilos de uva, a mellor colleita desde 2015, e que foi a empresa Enoturismo Acha a que resultou adxudicataria da poxa aberta pola institución provincial para a colleita nas catro hectáreas de viñedos que ten a finca.

 

A meirande parte da colleita foi de uva albariña, con 16.201 quilos, e o resto corresponde á variedade de godello (2.450 quilos).  Na poxa, a firma adxudicataria ofertara un prezo de 2,60€ por quilo de uva albariña e de 1€ para o resto de variedades.

 

A do 2022 foi a mellor colleita desde que a Deputación implantou o sistema de poxa para a vendima e explotación da uva da finca do Castelo, superando por exemplo de longo a cifra acadada no 2018, con 17.754 quilos recollidos, e tamén a do pasado ano 2021, con 16.827 quilos.   

 

Os viñedos do Castelo de Soutomaior foron plantados nos anos 80 e esténdese por 4 hectáreas. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmicos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades tanto brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) como tintas (mencía e sousón).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.