Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 22:20:53 horas

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta licita por 4,7m€ a obra de reforma integral do Instituto Valle-Inclán de Pontevedra

Trátase da obra de maior importe e envergadura das programadas neste momento pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

A Xunta de Galicia vén de publicar a licitación da obra de rehabilitación integral do instituto IES Valle-Inclán de Pontevedra. Cun importe de 4,7M€ esta é a actuación de maior envergadura e máis orzamentos das programadas neste momento pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. O prazo de execución previsto da intervención é de 16 meses.


As principais actuacións do programa de necesidades contemplan a limpeza e illamento térmico das fachadas e o reforzo da estrutura horizontal do edificio. Así mesmo, actualizaranse os elementos de protección fronte ao lume, renovarase a rede horizontal de saneamento e a revisión e reforzo da estrutura horizontal.


No caso das cubertas, cambiaranse completamente, incluíndo os canlóns e baixantes, mentres que no caso da carpintería exterior acometerase unha renovación integral, renovando tamén os vidros nas carpinterías de madeira do patio e as instalacións interiores de iluminación.

 

 

 

 

A actuación abrangue accións para a rehabilitación enerxética, estrutural e funcional do centro

 

 

 


No que atinxe ao sistema de calefacción, renovaranse as caldeiras e os seus elementos complementarios, incluíndo a nova subministración de enerxía por medio de gas natural, aumentando a dotación de radiadores.
Ademais, implementarase un sistema de xestión centralizada de calefacción, incluíndo termostatos para controlar a demanda nas diferentes zonas do edificio, co obxecto de axustar en todo momento a produción de enerxía térmica á demanda real do edificio. A maiores, mellorarase o sistema de ventilación e renovarase a subministración de auga fría, quente e evacuación dos aseos.


Edificio histórico
Esta actuación, que abrangue a rehabilitación enerxética, estrutural e funcional deste instituto histórico, enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica eredundará nun  un aforro de preto do 60% de enerxía no centro.

 

O instituto Valle-Inclán conta cun edificio con características da arquitectura ecléctica de finais do XIX, incorporando elementos do Art Nouveau. Iniciou a súa construción no ano 1908 e ao longo da súa historia sufriu diferentes obras de reforma e reparación de distinta envergadura, realizándose a última gran intervención no ano 1972.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.