GALICIA
As bibliotecas da Xunta celebran o mércores o Día do Usuario
Está prevista unha ampla programación para achegar estes servizos á cidadanía, incluíndo tamén obradoiros e contacontos para os máis pequenos
A Xunta de Galicia conmemora neste mércores 11 o Día do Usuario das Bibliotecas cunha ampla programación para achegar estes servizos á cidadanía, con visitas comentadas ás instalacións, obradoiros, contacontos e recoñecementos aos lectores máis activos durante o ano pasado.
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés programa un obradoiro de 10,00 a 11,00 horas coordinado por Lía Santiso dirixido a público adulto para reflexionar sobre distintas obras literarias e tamén para que os usuarios podan compartir as súas experiencias. Poderase participar previa inscrición na axenda web da biblioteca. Haberá tamén agasallos para os socios de honra infantís, o propio mércores ás 18,00 horas aos catro nenos que máis préstamos levaron durante o ano pasado.
En Lugo, a Biblioteca Pública ofrecerá dúas quendas de visitas guiadas, ás 12,00 horas e ás 18,00 horas previa inscrición telefónica no 982 828 327. Tamén se nomeará os usuarios de honra. Serán tres adultos e tres infantís, que recibirán un libro como agasallo. Ademais, durante toda a xornada haberá marcapáxinas de deseño variado para dar a todas as persoas que ese día leven documentos en préstamo.
A Biblioteca Pública de Ourense Nós tamén contará con dúas quendas para dar a coñecer as súas instalacións e servizos entre a cidadanía. Están programadas para o mércores ás 11,00 e ás 17,00 horas, con cita previa no teléfono 988 788 385. O nomeamento de socios de honra recaerá nos tres usuarios infantís e nos tres adultos con máis préstamos e, a partir dese día, poderán retirar en préstamo un maior número de obras e faráselles entrega dun loite de libros para seguir gozando coa lectura. Ademais, durante toda a semana haberá actividades continuadas para os máis pequenos como Martes na biblio (de 4 a 6 anos) e Bebecontos o xoves 12 para nenos de ata 3 anos
En Pontevedra, a Biblioteca Pública Antonio Odriozola tamén nomeará o mércores aos socios de honra, tres adultos e tres infantís. Ademais, o venres, ofrecerá o obradoiro Detectives de misterios na biblioteca de 17,30 a 19,00 horas. Esta actividade converterá aos nenos (de 8 a 12 anos) en detectives que investigarán para resolver un misterio e atopar unha mensaxe oculta polas diferentes zonas que a forman. Con inscrición previa na páxina web da biblioteca.
A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel programa dúas quendas de visitas guiadas o día 11 de xaneiro, ás 12,00 e ás 18,00 horas, así como o nomeamento dos socios de honra aos tres usuarios infantís e tres adultos con máis préstamos. Tamén haberá unha sesión de contacontos o mércores 11 ás 18,00 horas con Trinketrinke Teatro coa peza O cole de Lonxedetodo, dirixido a nenos maiores de 4 anos. Ademais, realizarase un sorteo de dous lotes de libros entre os usuarios que empreguen a biblioteca o Día do Usuario.
Finalmente, na Cidade da Cultura, a Biblioteca de Galicia ofrecerá unha visita guiada ás 12,00 horas para dar a coñecer as súas instalacións e coleccións e amosará os espazos de acceso restrinxido onde se custodian a maior parte dos seus fondos. Poderase participar previa reserva no correo bibliotecadegalicia@xunta.gal. Ademais, ten previsto realizar agasallos de libros aos usuarios e persoas que visiten a biblioteca ese día.
Na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal organizarase o mércores a actividade Préstamo a cegas, coa que cada usuario escolle unha bolsa e descubrirá o que contén. Tamén se nomearán os socios de honra entre os tres usuarios infantís e nos tres adultos con máis préstamos durante o ano pasado. Como recoñecemento, ao longo deste 2023 poderán retirar en préstamo un maior número de obras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.175