VIGO
AVIBE continuará loitando para "demostrar o innecesario do vial PO-010"
A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo unha nova xuntanza cos representantes dos veciños que se opoñen á construción da nova infraestrutura
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo este luns unha nova xuntanza cos directivos da Plataforma de Afectados o Vial de Beade (AVIBE ) para informarlles dos avances na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
A representante autonómica explicou aos representantes dos veciños que se opoñen á construción da nova infraestrutura na parroquia viguesa que o pasado día 26 de decembro a Xunta remitiu ao Goberno municipal o informe desfavorable da Axencia Galega de Infraestructuras (AXI). “A día de hoxe non tivemos resposta nin ao informe nin ao ofrecemento para unha reunión técnica”, apuntou.
En dito informe quedan reflictidas as principais carencias do PXOM neste capítulo, principalmente a ausencia dun estudo de tráfico nas estradas autonómicas que percorren Vigo, polo que non se pode acreditar que non vaian saturarse polo futuro desenvolvemento urbanístico.
Ademais, a delegada territorial indicou que o Plan Xeral non pode imputar á Xunta o custo de 85 millóns de euros dos seis últimos tramos da estrada PO-010 (Rolda A Balsa - Baruxáns) ao tratarse dun vial municipal en Beade.
Fernández-Tapias insistiu ante os veciños de Beade en que a obriga da Xunta é cumprir a lei en materia de ordenación viaria, mentres que a do Concello de Vigo é elaborar un plan que sexa autorizable. “O actual non o é, por iso poñemos aos técnicos autonómicos a disposición: para emendar os erros que nestes meses pasados non se emendaron”, sinalou.
Reunión co alcalde de Vigo
A plataforma AVIBE lamentaba tras esta reunión que despois de máis dun ano de solicitar unha reunión co alcalde Abel Caballero de xeito reiterado éste segue sen producirse.
"Hoxe mesmo volvemos solicitar unha nova reunión para expoñerlle ao alcalde as queixas e preocupacións dos veciños afectados pola infraestrutura viaria PO-010" sinalaban os veciños.
Os veciños coñecero que "o informe da AXI segue sendo negativo ao imputarlle á Xunta o custo do vial que non consideran que sexa autonómico" ademáis aseguran que "non existe un estudo de tráfico autonómico".
Doutra banda, sinalan os veciños, "Fernández Tapias confirmaba que con este informe desfavorable o PXOM non pode ser aprobado". No referente á reunión técnica solicitada ao concello para poder tratar este tema Marta Fernández Tapias confirmou a AVIBE que "non hai resposta por parte do Concello".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163