VIGO
O V Certame de Rondallas da área de Vigo reunirá a máis de 1200 rondalleiros
14 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia
O IFEVI acolle este domingo 15 de xaneiro a quinta edición do Certame de Rondallas organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia.
O recinto feiral abrirá as súas portas para recibir aos/as máis de 1200 rondalleiros/as que participarán nesta tradicional mostra. Serán un total de 14 agrupacións da zona sur de Pontevedra as que actuarán e o farán na seguinte orde: Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas (O Porriño), Rondalla Santiago de Parada (Nigrán), Rondalla de Freixo (Vigo), Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos), Rondalla Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar), Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios (O Porriño), Rondalla do C.S.C.R. de Beade (Vigo), Rondalla C.C.A.R. de Valladares (Vigo), Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), Rondalla Asociación Cultural e Social de Herville (Mos), Asociación Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui), Rondalla do Centro Cultural Recreativo e Deportivo Helios de Bembrive (Vigo), Rondalla Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos (Mos) e Rondalla Nosa Merced de Chaín (Gondomar).
Cada rondalla terá un tempo máximo de actuación de 12 minutos e nese tempo mostrarán o traballo feito tanto a nivel musical como a nivel de coreografía e movemento en pista.
Será o domingo 15 de xaneiro, a partir das 17 h, no IFEVI
Dende a organización lembran que as entradas están á venda ao prezo simbólico de 2 euros, podendo adquirirse nas sedes das rondallas participantes.
Así mesmo tamén se dispón doutros puntos onde se poden mercar ditas entradas:
- PORRIÑO: No gabinete da alcaldía do Concello do Porriño en horario de 09:00-14:00h e no establecemento Telas y Labores Manuela situado na rúa Manuel Rodriguez, 30.
- NIGRAN: No Concello de Nigrán e na cafetería da AVV San Pedro.
- VIGO VALLADARES: No Centro Cultural , na perruqueria Novas Limneas e no Bar Rial.
- VIGO BEMBRIVE: Na Entidade Local Menor e no centro Cultural Helios.
- VIGO BEADE: No centro cultural Beade.
- MOS: No Concello de Mos en horario de 09:00-14:00h e na cafetería do Pazo de Mos.
- GUIZAN: No centro cultural de Guizan.
- VINCIOS: No centro cultural Galiñeiro de Vincios
No caso de quedar dispoñibles, as entradas restantes poranse a venda na taquilla do propio IFEVI a partires das 15:30h o propio dia do evento.
O aforo é limitado e as cadeiras ocuparanse por orde de chegada. Cabe destacar que posuír unha entrada garante o acceso ao evento pero non un asento.
O presidente da Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, Serafín Rodríguez, convida á veciñanza a disfrutar “desta cita anual que nos axuda a manter viva esta tradición tan arraigada no sur da provincia” e ademais “permítenos mostrar o noso traballo no mellor dos escenarios: o do entusiasmo compartido por rondalleiros/as e público que cada ano anega o recinto feiral”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163