Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 13 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP propón un convenio entre Xunta, Deputación e Goberno central para paliar os danos dos temporais

“Co compromiso das tres administracións, aportando os mesmos recursos, sería posible atender as demandas destes concellos. A Xunta está de acordo en asinalo, e eles?"

O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, propón aos socialistas e aos alcaldes e voceiros dos concellos afectados polos temporais que medien coa Deputación de Pontevedra e co Goberno central para asinar un convenio entre as tres administracións, coa mesma aportación, para dar resposta conxunta a unha situación extraordinaria.

 

López entende que, tras as declaracións de Carmela Silva, "non debería ser difícil o compromiso do Goberno provincial, pero o certo é que a experiencia fainos ser un pouco escépticos porque esa institución foi incapaz de comprometerse e ofrecer apoios nin coa pandemia sanitaria, nin coa crise económica actual". Ademais, lamenta que desperdiciase hoxe a ocasión para anunciar xa axudas da Deputación de Pontevedra. “É a institución que debe de prestar apoio aos pequenos e medianos concellos desta provincia, e non anunciou un só euro”.

 

 

 

 

Lamenta que Carmela Silva desperdiciase a ocasión para anunciar xa axudas da Deputación de Pontevedra

 

 

 

 

Con todo, o presidente popular sinala que o Goberno galego estaría disposto a asinar ese convenio entre Xunta, Deputación e Goberno central. "Co compromiso das tres administracións, aportando os mesmos recursos, sería posible atender as demandas destes concellos. A Xunta está de acordo en asinalo. Están eles?"

 

Por último, pregúntase si estes alcaldes e alcaldesas van directamente a petar á porta do Goberno galego porque, ao final, saben e recoñecen que a ti administración que está cumprindo cos concellos e coa provincia é a Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.