DEPORTES
A Federación Galega de Atletismo recadará fondos para Gustavo Dacal
A Federación Galega de Atletismo e a colaboración da Sociedad Gimnástica de Pontevedra (agárdase a participación de máis entidades) organizará a proba solidaria ¨Axudemos a Gustavo Dacal¨ que se desenvolverá o vindeiro día 22 de xaneiro nas pistas do CGTD de Pontevedra a partir das 10:00 horas.
O calendario de probas incluirá carreiras de medio fondo e fondo para as categorías base e absolutas, así como os concursos de disco e xavelina.
Racadación íntegra e Dorsal solidario
A finalidade desta xornada non é outra ca de recaudar fondos cos que poder sufragar a estancia de Gustavo Dacal no hospital mexicano no que sigue ingresado. Para elo toda a recadación da xornada irá integramente a súa conta existindo tamén a posibilidade de contribuir co Dorsal solidario, sendo precisamente o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia José Ramón Lete, quen sexa o encargado da entrega íntegra da recadación.
Lamentable infortunio
Lembramos que dende finais do mes pasado, quen fora campión e plusmarquista de España na modalidade de xavelina, atópase hospitalizado como consecuencia dun contaxio de dengue ocasionado pola picadura dun mosquito e cuxas graves complicacións, derivaron nunha infección da columna vertebral que o manteñen ingresado. Desde fai anos, o ex lanzador internacional da Gimnástica de Pontevedra e da Selección Galega, atopábase en México dirixindo e controlando a preparación internacional dos lanzadores e lanzadoras aztecas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217