DEPORTES
Os clubs xa poden solicitar as axudas para actividade de 2023 da Xunta
Coa publicación desta nova convocatoria, desde 2009, as entidades e clubs deportivos de Galicia terán recibido a través desta liña un total de preto de 31 millóns de euros
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023. Deste xeito, a partir de agora, os clubs deportivos xa poderán solicitar as súas axudas para 2023 que terán un orzamento global de 2 millóns de euros, ao igual que en 2022 cando subiu un 5% respecto ao presuposto de 2021, distribuídos en dúas liñas de axudas: desenvolvemento de actividades deportivas polos clubs, sociedades anónimas e seccións deportivas (1.910.003 euros) e núcleos de adestramento deportivo especializado - NADE (89.997 euros), neste caso de clubs, sendo a axuda máxima por entidade beneficiaria 10.000 euros, na primeira liña, e 29.999 euros na segunda.
En 2022 foron 1.088 as entidades beneficiadas -375 da Coruña, 131 de Lugo, 108 de Ourense e 474 de Pontevedra- cun promedio de axuda de 1.783 euros (un 15% máis que en 2021). Coa publicación desta nova convocatoria, desde 2009, as entidades e clubs deportivos de Galicia terán recibido a través desta liña un total de preto de 31 millóns de euros.
Como protagonistas da segunda liña de axudas, os NADE son unha figura xurdida no ano 2020 ao amparo do Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, entendéndose por tales o conxunto de medios humanos e materiais xestionados por unha entidade deportiva que teña por finalidade a preparación técnico-deportiva orientada ao alto nivel ou ao alto rendemento deportivo. O recoñecemento destes núcleos permite abarcar e colaborar nas distintas realidades da preparación da alta dedicación deportiva existente na Comunidade Autónoma. Na actualidade atópanse recoñecidos como NADE seis centros -tres federativos: da Federación Galega de Hóckey en Ourense; da Federación Galega de Surf en Nigrán; e da Federación Galega de Squash en Ames; e outros tres de clubs: do Club Kayak Tudense (Tui), Club Boxeo Kick Boxing (A Coruña) e Club Halterofilia Coruña (A Coruña)-.
Cómpre salientar, como novidade, que nesta edición de 2023 retírase a puntuación mínima que se lle pedía aos clubs de recente creación -nos doce meses anteriores á convocatoria- polo que estas entidades terán máis doado o acceso ás axudas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217