FITUR
A Xunta presenta o stand de Galicia con récord de presentacións no espazo galego
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou que o stand de Galicia acollerá arredor de 54 presentacións de recursos, produtos e novidades, entre as que se atopan presentacións de concellos, deputacións, xeodestinos, presentacións gastronómicas, e presentacións deportivas, entre moitas outras
A directora de Turismo de Galcia, Nava Castro, presentou o stand de Galicia en Fitur, que nesta edición terá a enogastronomía galega como eixe central nun dos maiores escaparates de promoción turística a nivel internacional, e onde nesta edición se levarán a cabo récord de presentacións no stand galego.
Nava Castro indicou que Galicia mostrará o mellor do seu territorio ben a través do Camiño de Santiago, ben a través da gastronomía, dos recunchos, das augas termais, do ecoturismo, da natureza, das festas de interese turístico nacional e internacional.Tamén a través das rías, os náuticos, as praias, as súas augas tanto no mar como nos seus ríos. En definitiva, mostrará que Galicia é un referente en turismo sostible e de calidade.
O stand de Galicia acollerá arredor de 54 presentacións de recursos, produtos e novidades, entre as que se atopan presentacións de concellos, deputacións, xeodestinos, presentacións gastronómicas, e presentacións deportivas, entre moitas outras. O stand ten maís de 1.000 metros cadrados e está situado no pavillón 9 do Ifema. O Goberno galego mantén o mesmo stand do pasado ano nun espazo que combina creatividade e sostibilidade, co obxecto de optimizar o gasto.
O Goberno galego mantén o mesmo stand -de máis de 1.000 metros cadrados situado no pavillón 9 do Ifema- do pasado ano co obxecto de optimizar o gasto
O stand está concebido co modelo circular das 4 R, (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar), que forman parte das novas oportunidades que nos ofrece o turismo en Galicia. Concíbese como un conxunto escenográfico que transmite a Galicia como destino turístico sostible e de calidad, sendo un punto de encontro e de referencia para o sector turístico galego.
“A enogastronomía galega, baseada na calidade da materia prima do produto local e da súa cociña, forma parte do patrimonio de Galicia, da súa identidade e do seu estilo de vida, polo que resulta un recurso para situar á nosa Comunidade como un destino enogastronómico de primeiro nivel no mapa da excelencia. A enogastronomía é unha das primeiras preferencias dos viaxeiros que deciden visitar Galicia, e, por tanto, un dos recursos claves do modelo turístico galego”, indicou Nava Castro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184