VIGO
Once colectivos de Vigo recibirán 225.000 euros para proxectos de saúde
A Deputación incrementa ata os 380.000 euros as subvencións ás entidades da provincia
A Deputación de Pontevedra reforza a súa aposta pola política social e no 2023 incrementará o orzamento das axudas destinadas a asociacións e colectivos que traballan con programas destinados á poboación máis vulnerable. A presidenta, Carmela Silva, anunciou que a institución destinará este ano un total de 380.000 euros a 23 entidades da provincia que desenvolven actividades no eido social. Destes fondos, unha partida de 225.000 euros terá como destino a cidade de Vigo e posibilitará o mantemento da actividade dunha ducia de asociacións que desenvolven “proxectos imprescindibles” en materia de saúde mental, terapias para persoas con diversidade funcional, apoio á mocidade con necesidades especiais ou atención a persoas con drogodependencias.
No concello de Vigo beneficiaranse destas subvencións nominativas a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade -COGAMI- (40.000€); a Fundación Monte do Gozo. Proxecto Home (20.000€); a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia -AFAGA- (20.000€); Saúde Mental FEAFES- Galicia (20.000€); a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga -Alborada- (15.000€); a Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral - APAMP (15.000€); a Fundación Érguete-Integración (12.500€); Asociación Érguete (12.500); Down Vigo (10.000€); a Asociación de Apoio á Infancia e Mocidade -Arela- (10.000€); e Radio ECCA Fundación (10.000€). As axudas destinadas á comarca complétanse con unha subvención de 40.000 euros concedida á Confederación de Persoas con Discapacidade -COGAMI- para o seu proxecto en Mos.
Enxalzar o traballo do tecido asociativo
O obxectivo destas axudas é por en valor o traballo do tecido asociativo da provincia, colaborando con 23 entidades que desenvolven “tarefas e servizos imprescindibles” para milleiros de familias de Pontevedra, en palabras de Carmela Silva. As entidades beneficiarias desenvolven programas e iniciativas de inserción laboral, atención a persoas con diversidade funcional, alfabetización, atención á infancia en situación vulnerable, fomento da autonomía persoal ou atención a pacientes e familiares de enfermidades como o cancro ou Alzhéimer.
No resto da provincia, na cidade de Pontevedra serán seis os colectivos beneficiados, un máis que na convocatoria anterior, cun total de 80.000 euros. Neste 2023 recibirán recursos Asociación de Atención á Parálise Cerebral -Amencer-Aspace- (15.000€); a Asociación Española contra o Cancro -AECC- (15.000€); a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Pontevedra -AFAPO- (20.000€); a Organización de Diversidade Sensorial de Galicia -XOGA- (10.000€); Down Pontevedra (10.000€); e a Fundación Juan XXIII (10.000€).
Os recursos provinciais tamén axudarán a manter a actividade da Asociación de Atención á Parálise Cerebral -Amencer-Aspace- de Moaña, que recibirá unha axuda de 15.000 euros, e da Asociación Érguete de Prevención das Drogodependencias e de Educación e Promoción da Saúde do Baixo Miño cunha partida de 10.000 euros para novos proxectos. Na comarca do Salnés entra na actual convocatoria de axudas a Asociación de Familiares de Enfermos con Alzhéimer -AFASAL-, á que se lle conceden 15.000 euros.
De xeito adicional, a Deputación de Pontevedra colaborará neste 2023 con outras dúas entidades de ámbito galego: a Fundación Unicef-Comité Español (15.000€) e a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (15.000€).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163