MOS
Mos corre contra o cancro
O venres foi presentada a primeira edición desta carreira popular solidaria que se celebrará o domingo 26 de febreiro
O pasado venres celebrouse no salón de sesións do Concello a presentación da carreira 10K, ‘CorreMOS contra o CANCRO’, organizada pola admistración local mosense, á que asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, Igualdade e Participación Cidadá, José Areal, concelleiro de Deportes, Carlos Adán, atleta olímpico que participou nos Xogos de Barcelona 1992 na proba de 10.000 metros, a polifacética deportista mosense, Verónica Romero, e membros da directiva da Xunta Local de Mos da AECC.
Este evento deportivo será solidario e o recadado coas inscricións será íntegramente destinado á Asociación Española contra o Cancro.
A carreira celebrarase o domingo 26 de febreiro con saída e chegada ao Pazo de Mos. Os/as interesados/as en participar contan coa posibilidade de decantarse pola opción de andaina ou carreira. Ás 10.15h sairá andaina cun percorrido de 5K de distancia e ás 10.30h dará comezo a carreira 10K (1ª volta 5.400m e 2ª Volta 4.600m).
Para participar é precisa inscrición previa a través da web www.cronotec.es ou en dependencias municipais, cun importe de 5€ para a andaina e a carreira 10€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149