Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 15 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Os socialistas de Mos presentan ideas para melloras os polígonos industrais

En base a liña de axudas encamiñadas a rehabilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais, en réxime de competencia competitiva, dende a bancada socialista presentan unha listaxe de ideas susceptibles de ser incluídas. Ditas ideas din ser "reclamacións que se veñen facendo dende fai tempo, ademais de ser cuestións que reclama a veciñanza e a parte empresarial".

 

"Reflexionan sobre a necesidade de dar solucións a cuestións que levan moito tempo sobre a mesa e que este podería ser un bo momento de empezar a arranxar algunha delas. Inciden nas necesidades que presenta o Polígono do Rebullón e tamén o de Monte Faquiña, que por disputas políticas non se termina de buscar alternativas e solucións" sinalan.

 

No relativo a estes 2 polígonos as propostas son: mellorar os accesos nos polígonos de Monte Faquiña e Rebullón, tratamento de augas no polígono de Rebullón, a xestión de residuos dentro do polígono de Rebullón e os sistemas destinados a loita contra incendios no polígono de Rebullón.

 

A voceira socialista, Victoria Alonso, di que espera altura de miras por parte do goberno e que se senten a estudar estas cuestións, cousa que poucas veces fan polo feito de ser presentadas polo Partido Socialista.

 

Pídelle ao equipo de goberno que poña os intereses veciñais por diante dos políticos e que o fin destas propostas son acadar unhas melloras para a vila. Finaliza dicindo que moita xente leva tempo facendo solicitudes nesta liña, que aproveitar esta ocasión para algunha destas cuestións podería ser unha boa decisión.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.