Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O BNG reclama mantemento adecuado para a A-52

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas de urxencia ante a falta de mantemento na A-52, sobre todo no tramo que entre a cidade de Vigo coa Cañiza. A frente nacionalista demanda un calendario específico para a intervención do Goberno do Estado, por ser unha infraestrutura de titularidade estatal, nesta vía para reparar o firme, medianeiras e a sinalización, así como corrixir as principais deficiencias detectadas.

 

O tráxico accidente que tivo lugar a pasada fin de semana na A-52 á altura de Salvaterra de Miño evidenciou o estado de abandono desta vía de comunicación por parte do Goberno do Estado, Administración titular da infraestrutura. Neste sentido, a organización nacionalista entende que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana debe actuar de maneira inmediata ante as numerosas deficiencias que presenta esta estrada.

 

“O mal estado dos valos de protección en moitos puntos sinalados con conos, a deterioración do firme ou os desprendementos son algúns dos principais problemas que necesitan atención urxente na A-52, sobre todo no tramo entre a cidade de Vigo e A Cañiza” sinala o deputado do BNG no Congreso. En opinión de Néstor Rego, é necesario que o MITMA “estabeleza un calendario para a intervención urxente nesta vía co obxectivo de corrixir e reparar todas as deficiencias que presenta”.

 

De facto, tal e como recolleron distintos medios de comunicación, no mesmo punto en que se produciu o sinistro a semana pasada, xa se rexistraran varios accidentes que derrubaron a medianeira. “Queremos coñecer os motivos do retraso polos que o servizo de mantemento da vía tardou quince días en colocar un reforzo provisional” engade Rego.

 

“É urxente que o Goberno do Estado, nomeadamente o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, destine todos os seus esforzos na reparación desta vía. Unha infraestrutura que centos de persoas usuarias empregan de maneira diaria e en que, na actualidade, enfróntanse a situacións perigosas para a condución” afirma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.