Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 19 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta licitará na primavera a reforma da rúa Miño de Salvaterra para adaptala ao tráfico internacional

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade presentou esta semana esta actuación que se prevé comezar a finais do verán

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou esta semana  que a Xunta licitará na primavera a obra de reforma da rúa Miño de Salvaterra para adaptala ao tráfico internacional cun investimento de case 340.000 euros.

 

Vázquez Mourelle, nunha visita hoxe a Salvaterra de Miño, subliñou que esas obras, que se realizarán no treito final da rúa, comezarán a finais do verán para estar rematadas a principios de 2024, posto que teñen un prazo de execución de 6 meses.

 

Explicou que a reforma ten un dobre obxectivo: dispoñer de estradas e rúas máis seguras, accesibles e funcionais neste municipio e avanzar na ordenación da rede viaria autonómica, que ten a singularidade de canalizar a conexión con Portugal.

 

Para iso acondicionarse o treito final da vía de algo máis de 1,1 km que parte da glorieta de enlace entre as estradas autonómicas PO-403 e PO-510, discorrendo paralela á primeira delas polo oeste ata conectar coa ponte internacional. Actuarase, concretamente, no treito que vai da rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura.

 

A conselleira detallou que se acometerán as obras precisas para facilitar os xiros, especialmente, dos vehículos pesados que acceden á rúa Miño desde a glorieta de intersección coa rúa Rosalía de Castro, así como para adecuala ao tránsito internacional que soporta con maiores garantías de seguridade para condutores e veciños.

 

 

 

 

Vázquez Mourelle subliña que estas obras, no treito final da rúa, contan cun prazo de execución de 6 meses, polo que se prevé que estean rematadas a comezos de 2024

 

 

 

 

Sinalou que se ampliarán as dimensións da calzada, reordenando os elementos que a compoñen pero sen modificar o trazado nin a superficie, e mellorándoa.

 

Tamén se actuará no pavimento cunha mellora de firme cunha nova capa de rodaxe, unificando o deseño dos accesos aos garaxes, o ancho das beirarrúas e dotando sumidoiros e iluminación.

 

A actuación é complementaria á reforma da ponte internacional, obxecto dunha rehabilitación estrutural, a través da colaboración entre os gobernos de Galicia e Portugal, que supuxo un investimento de máis de 600.000 €; unha actuación que se prevé teña continuidade no futuro coa ampliación da sección peonil e a dotación de ciclovía.

 

A conselleira tamén aproveitou a visita para felicitar ao Concello de Salvaterra pola culminación da urbanización da rúa Galicia,  uns traballos executados cunha achega da Xunta de  500.000 €.

 

Ademais destacou o inicio estes días das obras da senda peonil e ciclista na PO-402 entre Oleiros e Leirado, á que o Goberno galego destina un orzamento de 1,5 M€.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.