MOS
Gustavo Barcia pide "paralizar" o carril bici Alto de Barreiros-Santiaguiño
O BNG advertiu por escrito, hai meses, de "numerosas irregularidades na tramitación do proxecto" do carril bici entre o Alto de Barreiros e Santiaguiño.
O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, indica agora que en "moitos" casos “solicitáronse cesións voluntarias do terreo que non teñen validez legal”. Explica Barcia que “neste tipo de obras non abonda cunha simple manifestación, a título privado, da cesión voluntaria, xa que estamos ante unha doazón e, polo tanto, faise necesaria unha formalización da mesma en documento público con todos os requirimentos de propiedade e identificación necesarios”.
Ante o que califica de "erros identificados no expediente e as posibles consecuencias para a veciñanza afectada", o BNG vén de presentar un novo escrito solicitando a paralización da obra. “Dá a impresión de que o PP, ao actuar desta maneira, quere apropiarse dos terreos pola vía dos feitos”, denuncia Barcia, “evitando afrontar os trámites de expropiación e o correspondente pagamento dun xustiprezo”. Lamenta, ademais, os "obstáculos interpostos dende o goberno municipal para acceder á documentación e a falla de transparencia de todo o procedemento".
Críticas ao deseño
O portavoz nacionalista considera que o carril bici é “unha nova chapuza do PP”. Barcia asegura que "este proxecto prevé o uso compartido da senda por parte de viandantes e ciclistas e en moitos tramos non haberá ningún tipo de separación física coa calzada pola que circulan os automóbiles".
Ademais, asegura que “lonxe de protexer ás persoas que camiñan pola beira da estrada, esta obra contribuirá a empeorar a seguridade viaria”, insiste Barcia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149