PROVINCIA DE PONTEVEDRA
A provincia de Pontevedra preséntase en Fitur coma plató de cine
“Buscas un escenario para a túa próxima rodaxe? Descubre a provincia de Pontevedra. Un escenario diverso, cómodo, inédito, accesible, versátil, seguro e único”. Con este lema e espectaculares imaxes da provincia, a presidenta da Deputación Carmela Silva presentou onte en Fitur Screen o “potente” audiovisual “Pontevedra Provincia, plató de cine” no que se detallan os múltiples atractivos dun espazo digno de ser escenario de grandes producións audiovisuais. Fíxoo, xunto ao presidente da Spain Film Commission, Carlos Rosado, e acompañada de alcaldes e alcaldesas da provincia, representantes doutras Film Commission e produtoras do audiovisual galego. Durante o acto tamén se fixo pública a nova web de Pontevedra Provincia Film Commission, no marco do impulso que está a dar a institución para situar á provincia como “o mellor lugar do mundo” para rodaxes. Outra das grandes novidades foi a presenza do produtor Daniel Froiz que xunto a Carmela Silva anunciou que “Matria”, unha das películas patrocinadas pola Deputación, dirixida por Álvaro Gago, ten sido seleccionada xa para a Berlinale.
“Todo o que na provincia de Pontevedra se construíu ao longo dos séculos é un verdadeiro escenario de película, con espléndidas localizacións”, asegurou Carmela Silva na presentación, na que presumiu de conexións, infraestruturas, instalacións e oferta hostaleira de Rías Baixas que “nos sitúan nunha forte posición para captar rodaxes”. A presidenta, que recordou algunhas das series e películas que se rodaron na provincia como “Un asunto privado”, “Los enviados”, “La unidad”, “Vivir sin permiso”, “Fariña”, “As Bestas”, “Un hombre de acción”, “Toro”, “Ons”, “Matria” ou “La sombra de la Ley”, presumiu do “talento local e da arraigada cultura cinematográfica, nunha terra de grandes cineastas, actores, actrices, e estupendos equipos especialistas en todo o proceso, desde a rodaxe ata a posprodución e a difusión”.
“Pontevedra Provincia, plató de cine” presenta imaxes de interior e de costa, pobos e cidades a carón do mar, espazos vangardistas, ruínas, mosteiros, pontes, illas, faros e mosteiros, e parte dunha espectacular imaxe do Mirador Siradella, con vistas da Lanzada e o seu istmo. A continuación amosa estradas a carón do mar como a que transcorre cara A Guarda co pico de Santa Trega. Son tamén protagonistas do audiovisual pontes como a de Rande, a da Illa de Arousa, a ponte internacional entre Tui e Valença e a ponte Taboada Vella no Deza. As illas como a de Arousa, San Simón, Cíes, Ons e o illote Areoso teñen tamén espazo na peza presentada en Fitur, así como os castelos de Sobroso e Soutomaior, edificios modernistas de Vigo e vangardistas como o CUVI ou o Museo de Pontevedra. Ademais preséntanse imaxes das ruínas da fábrica de Curbera no Morrazo e lugares como o Museo da Salgadeira de Moreiras no Salnés, as escaleiras da Porta do Sol de Vigo, o porto de Vigo, faros como o de Ons ou Cabo Silleiro, a fábrica da luz de Caldas, a lonxa de Vigo ou o mosteiro de Carboeiro de Silleda.
O audiovisual divulgarase ao longo do 2023 en feiras internacionais como o Festival de Cinema de San Sebastián, Cannes, Londres ou o European Film Market de Berlín. Xunto á peza, a Deputación ten deseñado unha páxina web sobre a Pontevedra Provincia Film Commission, na que se detalla información útil e de interese e as principais vantaxes de optar pola provincia de Pontevedra como escenario de rodaxes. A nova web, https://pontevedraprovinciafilmcommission.es/, presenta en portada un grande fotograma do Pazo Provincial da serie “Un asunto privado”, de Bambú Producciones, e inclúe un catálogo de localizacións, que responde ás principais necesidades detectadas entre as produtoras e localizadoras con interese na provincia.
Tanto o vídeo promocional “Pontevedra Provincia, plato de cine” como a nova web da Pontevedra Provincia Film Commission serán divulgadas ao longo da feira Fitur no stand propio que a Deputación ten situado en “Fitur Screen”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217