Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 15 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ana Pontón: “Con Cristina Fernández Ponteareas está nas mellores mans”

Está convencida de que o Bloque terá unha maioría reforzada por parte da veciñanza que queren que Ponteareas siga progresando

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou na presentación de Cristina Fernández como candidata do BNG á Alcaldía de Ponteareas nas eleccións municipais de maio, convencida de que o Bloque revalidará a confianza dos veciños e das veciñas cunha maioría reforzada para que Ponteareas siga avanzando. “Con Cristina, Ponteareas está nas mellores mans”, proclamou, destacando as cualidades da actual alcaldesa.

 

“Valente, responsable, honesta e con capacidade para dialogar a chegar a acordos polo ben dos veciños e das veciñas. Cristina é unha desas alcaldesas que xoga na Champion League, que non está quentando banquillo, está na Alcaldía para suar a camiseta de Ponteareas para que siga avanzando e progresando”, destacou na súa intervención a líder nacionalista, quen tivo unhas emotivas palabras de lembraza para o anterior alcalde, José Represas.

 

“Estou convencida que sodes moitos e moitas as que vos sentides orgullosas da transformación que está vivindo Ponteareas, pero sei que hai unha persoa, que alá onde estea, está mirando para o concello feliz e orgulloso, vendo como o traballo que el empezou avanza a pasos axigantados. Esa persoa é Pepe Represas, sempre na memoria, sempre no corazón”, declarou.

 

Para seguir nesa senda de progreso iniciada fai oito anos, o BNG concorre a cita do 28M “con toda a humildade pero con toda a ambición, sen poñerse límites”, enfatizou, para conseguir unha maioría reforzada, “porque non podemos permitir que este concello retroceda, ao contrario, ten que seguir imparable co seu avance, mirando o futuro co optimismo, afrontando novos retos, poñendo en marcha novos proxectos, e sumando máis servizos, máis benestar social e máis calidade de vida”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.