Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 20 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos homenaxea ao seu Campión Galego de Vftiming

Bryan Barreiro de Tameiga cambiou o fútbol polo motociclismo, deporte no que destacou desde a primeira tempada

Onte pola tarde tarde celebrouse no Concello de Mos a recepción a Bryan Barreiro Rivero de Tameiga, Campión Galego de Vftiming 2022 na categoría Pit Motard Adulto Open. Nela, ademáis do homenaxeado e a súa nai, irmá e avós maternos, estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal mosense.


“Desde o Concello de Mos queremos  salientar a andadura deportiva do mozo mosense da parroquia de Tameiga, Bryan Barreiro Rivero, que ten sido moi destacada a pesares da súa idade, xa que se trata dun mozo moi novo de tan só 18 anos”, destacou a rexedora local mosense, Nidia Arévalo.


Bryan Barreiro ten acadado grandes logros na súa curta pero intensa carreira deportiva. Tras deixar o fútbol, iniciou unha satisfactoria andaina en motociclismo e, ademáis de erixirse recentemente Campión Galego de Vftiming 2022, na súa primeira tempada na categoría KX85 xa conseguiu quedar 3º do Campionato Galego ANPA.


Na segunda tempada, a pesares de quedar 1º, un fallo de organización provocou que non se lle recoñecese o título, ao igual que ao resto de clasificados.


Ao ano seguinte volveu a deixar a Mos moi alto no palmarés, e na súa terceira tempada nos Campionatos Federados do Galego e VF Timing conseguiu a 2ª e 3ª posición, respectivamente, en ambos campionatos.


Arévalo dirixiuse a Bryan asegurando que “é unha honra para este Concello contar con deportistas coma ti” e animouno a continuar esforzándose: “non deixes de adestrar e de traballar para continuar no máis alto dunha carreira que de seguro será prometedora”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.