Sábado, 13 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 25 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

Iago Pereira elexido candidato do BNG para ás municipais de 2.023

A militancia e simpatizantes da organización nacionalista en Baiona decidiu na súa Asemblea Local renovar a súa confianza en Iago Pereira como candidato á alcaldía de cara ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio.


Iago Pereira leva dende o ano 2012 sendo o portavoz municipal e serán súas terceiras eleccións municipais como candidato á alcaldía de Baiona polo BNG.

 

O xa candidato, expresou o seu “agradecemento á confianza e responsabilidade nel depositada polos compañeiros e compañeiras para seguir liderando o proxecto que o Bloque Nacionalista Galego ten para Baiona”.

 

Ao tempo que puxo en valor o traballo da súa compañeira de grupo e actual concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, que “en tres anos e medio conseguiu facer a Baiona máis igualitaria e feminista da historia”.

 

Apuntou tamén que “demostramos que o BNG é un partido responsábel para gobernar e que traballa negociando e realizando propostas construtivas que benefician aos nosos veciños e veciñas”.

 

En canto as eleccións municipais, Iago Pereira concluiu decindo “sen renunciar a nada, aspiramos a seguir sumando apoios e obter un amplo apoio do electorado para ter unha maior forza que nos permita seguir construíndo unha Baiona máis ecolóxica, feminista, humanizada e con servizos municipalizados de calidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.