Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 27 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Aberta a inscrición para participar na `O Porriño 10k´

Os runners volverán darse cita no Porriño o vindeiro 12 de marzo  |Image licensed by © Ingram ImageOs runners volverán darse cita no Porriño o vindeiro 12 de marzo |Image licensed by © Ingram Image

A proba organizada polo Concello do Porriño e o Atletismo Porriño disputarase o vindeiro 12 de marzo

As e os amantes deste deporte poderán correr un ano máis polas rúas da vila nesta edición que xa ten aberta a inscripción. As persoas que queiran participar xa poden inscribirse na seguinte ligazón: https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/2465/xv-carrera-o-porrino-10k . Cabe destacar que, como cada ano, a carreira de Pitufos e Chupetes, non require de inscrición previa, tan só hai que presentarse na liña de saída á hora estipulada.

 

Tres premios por categoría

Outorgaranse premios en metálico aos tres primeiros clasificados (masculino e feminino) da absoluta 10K, que recolle todas as categorías. O primeiro clasificado levará un premio de 300 euros, o segundo 200 euros e o terceiro 100 euros.

 

Ademais entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino), en total catro categoría na carreira de menores, dúas na de 5K e tres na absoluta de 10K.

 

Inscrición Solidaria

Como vén sendo habitual a participación na 10K do Porriño ten tintes solidarios. Á hora de recoller os dorsais, cada participante deberá entregar 1 Kg de comida non perecedera que se distribuirá entre as familias con menos recursos do municipio a través do servizo municipal de alimentos SOS Porriño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.