Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 22:10:21 horas

Xornal21.es
Viernes, 27 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A Xunta pide a Nigrán que inclúa os mapas de risco de inundacións no PXOM

Tamén lle pide que dotarse dun plan fronte aos asolagamentos

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, mantivo esta semana un encontro de traballo co alcalde de Nigrán, Juan González

A Xunta empraza ao Concello de Nigrán a incluír os mapas de riscos de inundación no planeamento urbanístico e a dotarse dun plan de actuación fronte aos asolagamentos.

 

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e técnicos deste ente autonómico mantiveron fai uns días un encontro de traballo co alcalde de Nigrán, Juan González, co obxectivo de informalo sobre as actuacións necesarias para reducir os riscos de inundacións neste municipio.

 

No concello de Nigrán existe unha área con risco potencial significativo de inundacións que se sitúa na contorna do rego de Pontemuíñas. Esta área está incluída no Plan de xestión de risco de inundacións 2021-2027, unha folla de ruta que a Xunta actualiza e aproba cada 6 anos.

 

Teresa Gutiérrez informou ao rexedor sobre os traballos que Augas de Galicia está a efectuar, no marco do citado plan, co obxectivo de coñecer, avaliar e minimizar os riscos de inundacións nas áreas con risco potencial significativo de inundación na comunidade en xeral, e no concello de Nigrán, en particular.

 

 

 

 

A directora lémbralle ao Concello a obrigatoriedade de ter aprobado un plan de actuación municipal ante o risco de inundación co fin de conseguir a máxima protección para as persoas, bens e o medio ambiente

 

 

 

 

 

Este Plan, ademais do coñecemento e avaliación dos riscos asociados ás inundacións, ten como fin lograr unha actuación coordinada de todas as administracións públicas para reducir as consecuencias negativas sobre a saúde e a seguridade das persoas, o medio ambiente ou a actividade económica.

 

Neste sentido, a directora lembroulle ao Concello a obrigatoriedade de ter aprobado un plan de actuación municipal ante o risco de inundación coa finalidade de conseguir a máxima protección para as persoas, bens e medio ambiente que poidan resultar afectados a consecuencia dos asolagamentos.

 

Explicoulle ao alcalde que o Concello tamén debe adoptar medidas, dentro das súas competencias municipais, para evitar ou minorar eses riscos de asolagamentos.

 

Teresa Gutiérrez chamou a sumar esforzos entre administracións para paliar o risco de inundacións e mitigar as súas consecuencias.

 

O Goberno galego, no marco do Plan de xestión de risco de inundacións 2021-2027, promove actuacións de prevención, coa ordenación do territorio ou a conservación dos ríos; de protección, co inventario de obras de drenaxe transversal e infraestruturas de defensa lonxitudinal; ou de recuperación, coa promoción do aseguramento aos particulares.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.120

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.