Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 24 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos despunta tamén en boxeo

Con 2 campións e 2 subcampións galegos

Laura Fernández, Agustín Táboas, Álex Castro e Manuel Ruíz fixeron un grandísimo papel o pasado decembro no Campionato Galego celebrado en Outes

Esta tarde celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción aos boxeadores do clube mosense CKM de Mos Laura, Agustín, Álex e Manuel, que o pasado mes de decembro erixíronse campións e subcambións galegos, respectivamente, de boxeo. Durante o acto homenaxe os deportistas estiveron acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de deportes mosense, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal.

 

O CKM de Mos conta con dous novos campións galegos de boxeo e dous subcampións. O Campionato Galego tivo lugar no Concello de Outes os pasados días 10 e 11 de decembro e os púxiles mosenses gañaron os pases ás finais:

 

  • Laura 'ZURDITA' Fernández venceu a Bea Mendoza ós puntos, proclamándose así Campioa Galega do Peso Welter.

 

  • Agustín Táboas venceu ao púxil Coruñés do clube Zapata por KO técnico no primeiro asalto, proclamándose Campión Galego do Peso Medio.

 

  • Álex Castro, un dos boxeadores máis veternanos do CKM perdeu a final ós puntos nun combate igualado contra Juan Luis del Río do SKT, proclamándose así Subcampión Galego do Peso Welter.

 

O adestrador do clube, Juan Alonso, asegura que no mes de febreiro farase a revancha en Noia con vendaxe duro na categoría de Neoprofesional.

 

  • E por último Manuel Ruíz quedou Subcampión Galego escapándoselle a final ós puntos contra o boxeador de Arousa Manuel Xabier.

 

Sen dúbida os resultados falan por si sós, e o CKM de Mos segue logrando campións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.