Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 26 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello inviste 110.000 euros de fondos propios no saneamento da Coutada en Louredo

Onte a tarde aprobouse en Xunta de Goberno Local o inicio do expediente de contratación da obra que dará servizo a 12 vivendas

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que desde o Concello séguese a apostar por ampliar a rede de saneamento no municipio ata chegar ao saneamento integral, e séguense a investir fondos propios a tal fin, a pesares de non ser competencia municipal.

 

Deste xeito, anunciaron que onte aprobouse en Xunta de Goberno Local o inicio do expediente de contratación da obra de instalación da rede de saneamento no Camiño da Coutada, na parroquia de Louredo, que conta cun orzamento base de licitación que ascende a 109.968,55 euros.

 

O proxecto inclúe as obras necesarias para realizar o “saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”, nas zonas indicadas e necesarias para completar ditas redes e permitir que dito servizo de saneamento dea servizo á maxima extensión do concello. As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións....

 

As obras consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento na parroquia de Louredo, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Levarase a cabo a execución de 807,04 ml de saneamento no Camiño da Coutada. Instalarase un colector de PVC de Ø315 para dotar de saneamento ás 12 vivendas situadas nas marxes das zonas incluídas no proxecto e que actualmente carecen del.

 

O prazo de execución que se estima para a execucións das obra é de tres meses, incluíndo o estudo e preparación das mesmas. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.