Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 25 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A extensión de fibra óptica leva internet de alta velocidade a 40.289 fogares e empresas de Pontevedra

A secretaria de Estado de Telecomunicacións e o delegado do Goberno presentan aos alcaldes da provincia os plans de extensión de fibra óptica

A secretaria de Estado de Telecomunicacións, María González Veracruz, e o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, mantiveron onte unha reunión coa presidenta da Deputación de Pontevedra e con case un cento de alcaldes, alcaldesas e outros cargos municipais de concellos da provincia para presentarlles os plans do Goberno para a extensión de fibra óptica no territorio. No encontro, ao que tamén asistiu a subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba, deuse a coñecer o impacto dos investimentos en dixitalización que está a executar o Goberno a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, nestes concellos.


Esta acción forma parte do Programa UNICO-Banda Ancha, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno e permitirá que nas dúas primeiras convocatorias (2021 e 2022) se conecten a internet de alta velocidade 40.289 fogares e empresas da provincia cun investimento global de 16.166.245 euros dos que o Goberno aporta 11.116.777.


No conxunto de Galicia, entre as dúas convocatorias xa resoltas, o Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión ÚNICO-Banda Ancha está a levar a conexión a internet de alta velocidade a 226.725 fogares e empresas cun investimento global de 107.136.930 euros, dos que o Goberno aporta 71.262.165 euros.


UNICO-Banda Ancha diríxese a dotar dunha taxa de cobertura de moi altas capacidades ao 100% da poboación española en 2025. Unha vez se executen os proxectos beneficiarios xa postos en marcha, a taxa de cobertura alcanzará o 95%.

 

 

 

 

UNICO-Banda Ancha diríxese a dotar dunha taxa de cobertura de moi altas capacidades ao 100% da poboación española en 2025

 

 

 


Ata o momento lanzáronse dúas convocatorias deste programa (en 2021 e 2022). A de 2021 foi adxudicada integramente a Telefónica en Galicia. A de 2022, ás empresas Vento Rede (para a provincia da Coruña), Adamo Telecom (para a provincia de Lugo) e Avatel Telecom (para as provincias de Ourense e Pontevedra).


Con estas axudas, dende 2018 o Goberno mobilizou máis de 1.500 millóns de euros de investimento público-privado para levar conexións de banda ancha ultra rápida a máis de catro millóns de fogares e empresas.
No caso de Galicia, como na maior parte do territorio estatal, os fogares e empresas beneficiados atópanse en ‘zonas brancas’, aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos.


A conectividade é un elemento básico para garantir a supervivencia dos pequenos concellos; é unha arma contra o despoboamento. Porén, o Goberno de Pedro Sánchez están dando o paso para garantir o 100% de cobertura de acceso a internet de alta velocidade en todo o territorio galego, favorecendo a conectividade a máis de 300 Mbps naquelas zonas que hoxe non dispoñen deste tipo de cobertura, esencial no mundo actual.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.