VIGO
Tapias advirte do "boicot" do Concello aos orzamentos do Consorcio Casco Vello
A delegada territorial e presidenta do CCVV lamenta a actitude dos representantes municipais que manteñen a súa negativa a aprobar as contas do organismo
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Marta Fernández-Tapias, lamentba este pasado cxoves que a negativa do Concello de Vigo á aprobación dos orzamentos do organismo ten bloqueadas cinco novas rehabilitacións no barrio histórico.
Segundo informou, o Consorcio levou na súa sesión do comité executivo deste xoves o proxecto para a reforma do inmoble situado no número 9 de Subida á Costa pero foi necesaria a súa retirada ante o informe do interventor. “Non parece aconsellable encargar a redacción de proxectos se non poden ser licitados ou adxudicados”, sinala na proposta.
No seu informe, engade que “a variación de prezos (inflación) e os desaxustes loxísticos do mercado, introducen unha caducidade moi curta nos prezos das materias primas, polo que, o orzamento previsto nos proxectos carece de valor real aos efectos da licitación”. A delegada indicou que agardará a unha reasignación de créditos para poder levar de novo o proxecto ao comité e así impedir a paralización do Consorcio pese aos bloqueos do Concello.
Marta Fernández-Tapias tivo que retirar do punto do día do comité executivo unha proposta para a reforma dun edificio por non dispor de presuposto
Ademais, Fernández-Tapias tamén foi informada de que debido á falta de orzamentos existen outros catro proxectos de rehabilitación paralizados en distintas fase de execución. “Estamos nunha situación de bloqueo técnico debido a que está a torpedear a labor dun organismo que suma 83 edificacións e 117 vivendas rehabilitadas”, sinalou.
Compre lembrar que pese a representar tan so o 10% do CCVV, o 90% restante corresponde a Xunta de Galicia, é necesario o visto e prace do Concello vigués para poder executar as partidas orzamentarias previstas.
A negativa provoca que o organismo estea así a funcionar coas contas prorrogadas do 2021, o que implica de facto o bloqueo da rehabilitación de 9 edificacións e 14 vivendas de promoción pública, que suman en conxunto unha inversión superior aos 1,5 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163