Galicia
Formoso propón un reforzamento do IGAPE
O secretario xeral do PSdeG anuncia propostas que levarán ao Parlamento para axudar ao tecido económico galego a sobrevivir á alza dos prezos
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, propuxo esta semana que se reforce o IGAPE para asegurar o acceso das Pemes ao financiamento e manter as “decenas de miles” de empregos vinculados ás mesmas. Estas medidas buscarían axudar á supervivencia do tecido produtivo galego ante a alza dos prezos e dos custes da enerxía e das materias primas.
Valentín González Formoso valorou a última Enquisa de Poboación Activa, que deixa datos “moi preocupantes” no relativo a Galicia, xa que confirma a perda de 9.000 empregos no último trimestre de 2022, así como 10.000 traballadores industriais menos durante o transcurso do ano pasado, ademais de que nesta comunidade o paro baixe 2 puntos menos que a media do Estado.
A isto hai que sumarlle que de cara ao ano que acaba de comezar hai unhas previsións de crecemento moi baixas, sendo este de apenas un 0,5. Cifras moi inferiores ás doutras comunidades autónomas, xa que Galicia crecerá ata catro veces menos que as Illas Baleares e as Canarias, ou tres veces menos que a Comunidade de Madrid e Cataluña.
O número un dos socialistas galegos advertiu de que “non podemos afrontar as dificultades do 2023 coas receitas de sempre”, polo que encontra urxente que a Xunta “atenda ás demandas dos sectores produtivos do país” e responda ante a ameaza de destrución de emprego que “é a principal preocupación do pobo galego”.
Os postos que sempre corren máis risco nunha conxuntura como esta sempre son os que dependen das pequenas e medianas empresas. Por este motivo, Formoso “despois de percorrer o país”, anunciou que levarán ao Parlamento de Galicia propostas para axudalas a obter o financiamento preciso para a súa supervivencia, ao que teñen difícil acceso por culpa das maiores trabas postas dende o sector financeiro.
A primeira destas medidas sería a de subvencionar cunha partida de 20 millóns de euros que poidan financiar parte do custo dos créditos, como por exemplo, o 1% dos xuros destas Pemes coas entidades financeiras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213