Martes, 18 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 01 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
AS NEVES

O PP denuncia que o equipo de Goberno das Neves cobrará 160.000€

Critican que o Bipartito vaise repartir "case o dobre do que cobra, por exemplo, o presidente do Goberno de España"

O Partido Popular das Neves denuncia que o Goberno local do BNG e PSOE "ten previsto gastar nos soldos, e demais complementos, do alcalde e dos dous tenentes de alcalde 159.305 euros, mentres que no capítulo de investimentos destinan un tercio desta cantidade, 54.805,69 euros en concreto, á pavimentación de tres camiños en todo o concello". “De verdade que non hai máis necesidade que esta? É necesario e urxente que se dean un paseo por cada barrio para comprobar o deterioro e abandono que están sufrindo”, engaden.

 

"Estes datos deixan claro que o Bipartito pensa máis neles que nos veciños" sinalan.

 

Os populares chaman a atención sobre que os orzamentos deste ano -que se aprobaron este mes, cos votos en contra do PP- e a pesar de aumentar en case un millón de euros con respecto ao ano pasado, non van repercutir nunha mellora de servizos e de investimentos.

 

"O alcalde ten abandonadas as parroquias do concello". O candidato á alcaldía, Jose Manuel Alfonso, sinala que “é unha situación que se repite en todas as parroquias: pistas en mal estado, baches, falta de limpeza das cunetas, ausencia de mantemento e de prevención... Non existen para o Goberno. Tratan aos veciños destas parroquias como cidadáns de segunda, ou incluso de terceira”.

 

 

 

 

"BNG e PSOE das Neves teñen previsto gastar nos soldos e complementos do alcalde e dos dous tenentes de alcalde tres veces máis que o que van adicar ao capítulo de investimentos na pavimentación de acceso ás vivendas" sibalan

 

 

 

 

Ademais, lamentan que os 90.000 euros que o concello recadou este ano pola nova taxa do Bipartito ao saneamento non repercutan en ningunha obra de mellora da rede municipal de augas. “Non sabemos si é falta de xestión, de capacidade deste Goberno ou é que directamente non hai vontade política para mellorar as nosas redes de servizos básicos”.   

 

"Pero non só botan en falta máis actuacións en mellora e mantenemento de camiños e rede de saneamento", os populares lamentan que "o Bipartito non aumenten as partidas para subvencionar e apoiar ás entidades culturais, sociais e deportivas locais". “O apoio a todo o tecido asociativo deste concello segue completamente estancado”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.