Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 31 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aumenta as axudas para editar libros e audiovisuais en galego

As subvencións do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico destinarán 90.000 euros a entidades sen ánimo de lucro que promovan traballos con interese municipal, comarcal ou provincial

A  Deputación de Pontevedra vén de abrir a convocatoria para conceder as subvencións do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico para editar -en formato papel, audiovisual, mixto e ou especial- traballos en galego coa finalidade de colaborar na súa difusión para a permanencia, o recoñecemento e a identidade da cultura galega a través do tempo. A principal novidade deste exercicio é que se incrementa por segundo ano consecutivo a contía das axudas, chegando aos 90.000 euros.

 

O obxectivo da liña de axudas é editar traballos que abordan temas relacionados coa provincia (xa ben de tipo municipal, comarcal, provincial ou incluso dende unha perpectiva de país), interesantes para a cidadanía, con especial atención á historiografía e a outros estudos de investigación. En especial, valoraranse as edicións que promovan a igualdade social e a visibilización da muller e aquelas dirixidas especialmente a persoas con diversidade funcional, co obxectivo de achegarlle a este colectivo a riqueza lingüística, cultural e patrimonial do territorio.

 

A deputada María Ortega explica que a convocatoria deste ano (publicadas hoxe no BOPPO) inclúe un novo aumento da partida ata os 90.000 euros debido ao elevado número de solicitudes recibidas en anteriores edicións. Mantense o requirimento principal de que as publicacións teñen que editarse exclusivamente en galego, e que están dirixidas a entidades sen ánimo de lucro. Quedarán excluídas, pois, solicitudes presentadas por persoas físicas, as reedicións de calquera peza editada anteriormente, así como pezas que pertenzan a partidos políticos, sindicatos, ou colexios profesionais, así como tamén as de asociacións, fundacións e similares se as persoas destinatarias son unicamente as persoas asociadas.

 

O importe máximo da subvención para cada edición non poderá exceder o 70 % do orzamento total. No caso de publicacións en papel, non superará o importe de 3.500 euros, no caso de edicións en formato audiovisual non excederá os  8.000 euros, nas edicións mixtas –que inclúan publicacións en papel e en formato audiovisual- o importe total subvencionado non superará os 8.000 euros, e no caso dos formatos especiais de edicións -coma publicacións en braille, audiolibros para persoas con diversidade auditiva ou formatos para persoas con diversidade cognitiva-, non superará os 12.000 euros.

 

Poderán solicitarse estas subvencións para a edición de monografías, revistas ou calquera outro tipo de documento de interese, en diferentes modalidades e formatos. Na modalidade de ‘Ficción’ poderanse subvencionar audiovisuais, banda deseñada (traballos que busquen consolidar produtos innovadores de difícil saída en editoriais privadas ou dedicados a públicos específicos, sempre que o seu contido teña un carácter divulgativo respecto á lingua e á cultura galegas) ou edicións especiais en braille e noutros formatos adaptados.

 

En ‘Non ficción’  valoraranse as edicións de ensaios e estudos que teñan relación con aspectos da provincia, de persoas ou colectivos relevantes desta que teñan incidencia nela e que traten sobre arquitectura e urbanismo, danza, escultura, música, pintura, literatura, cinema e audiovisual, fotografía, banda deseñada, memoria histórica democrática, fomento da igualdade entre xéneros, e fomento da normalización da diversidade funcional, ademais de publicacións relativas ao patrimonio tanto material como inmaterial.

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.