Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 30 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Accións formativas SmartPeme desta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas, enmarcadas na súa carteira de obradoiros para asesoramento tecnolóxico a persoas emprendedoras e pemes. As accións tratarán temas como a ciberseguridade, o Blockchain e metaverso, os selos e certificacións en sostibilidade turística ou a captación de clientes a través de estratexias de comunicación e visibilidade.

 

O primeiro curso da semana será este luns 30, ás 10.00 horas, e estará impartido de xeito telemático por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, “Ciberseguridade, antivirus e actualización do software”. O obxectivo do curso é dar a coñecer dous das contramedidas básicas a realizar, a necesidade de ter o software actualizado para corrixir vulnerabilidades e a utilización e elección dun antivirus.

 

O martes celebraranse dous cursos. Na mañá (11h), Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas, conducirá tamén de xeito telemático “Sustentabilidade turística: selos e certificacións”. A acción amosará como os sistemas de xestión da sostibilidade para empresas e destinos turísticos, son unha axuda para orientar ás entidades para establecer criterios de xestión sostible e unha ferramenta para acreditar o seu compromiso. A adhesión e o traballo nestes sistemas adoita reflectirse na obtención de certificacións ou selos que avalan o esforzo realizado nesta materia, para a diferenciación e poder comunicar o seu recoñecemento a persoas visitantes e axentes implicados

 

Pola tarde, ás 17 horas, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e cunha ampla experiencia na asesoría de empresas no ámbito da comunicación e o marketing dixital, impartirá de forma telemática o curso “Deseña a túa páxina web de maneira sinxela con Elementor”, e afondará neste construtor gratuíto de páxina de WordPress, na súa instalación, configuración e o traballo para crear unha páxina web.

 

O xoves tamén haberá dobre sesión. En horario de mañá (11h), de xeito telemático, Manuel Freire guiará a acción “Blockchain, metaverso”, que achegará ás persoas participantes esta tecnoloxía e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede. Tamén afondará no tema do Metaverso, incidindo en para que vai servir, o seu estado actual de desenvolvemento e na visita a algún dos metaversos.

 

Pola tarde, ás 17.30h, Isabel Rodríguez, consultora e coach empresarial ofrecerá a acción, “Captación de clientes a través de estratexias de comunicación e visibilidade” de xeito presencial na sede da Deputación en Vigo. Amosará o papel da comunicación como base de toda estratexia, e a comunicación efectiva a metodoloxía que logra de forma eficiente cerrar ventas, facendo rendibles os obxectivos de visibilidade, captación e fidelización de clientes. Os contidos inclúen nocións sobre atención plena, observación e escoita activa; comunicación asertiva para un entendemento efectivo, as estratexias de visibilidade grazas á mellora da comunicación e a visibilidade máis alá das redes sociais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.