Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 29 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Cubela: “PSOE e BNG volveron a votar en contra dos concellos"

“Votar non a reclamar ao Goberno central que aumente os fondos do DUS 5000 é votar en contra dos concellos, da propia deputación e dos veciños da provincia. Nós pedimos que 27 proxectos da provincia de Pontevedra que quedaron excluídos por falta de fondos reciban un si, pero vostedes deixaron de ser unha administración útil xa non só para os concellos, tamén para a Deputación” aseguran

Según o Partido Popular “estes fondos europeos supoñían unha oportunidade importante para os pequenos e medianos concellos deste país, non vai haber outra oportunidade así para eles, porque todo vai para as cidades e as vilas. Pero vostedes sempre elixen poñerse de lado do seu partido, porque no seu grupo político non hai deputado de ningún concello de menos de 10 mil habitantes”.

 

Confronta dous modelos de Goberno, “o que representan vostedes, os socialistas nas institucións, que é o Goberno da foto, e o que representa o Goberno galego, que é o dos feitos”.

 

Critican que a deputación deixou de ser unha administración útil para os concellos e para a propia institución provincial: “Os alcaldes que quedaron excluídos pídennos axuda, incluídos os socialistas, porque saben que vostedes sempre elixen poñerse de lado do seu partido en Madrid en lugar de defender aos concellos. E isto é así porque no seu grupo non existe un só deputado que represente a concellos de menos de 5.000 habitantes e ignoran as súas necesidades”.

 

DANOS COS TEMPORAIS

 

Cubela destaca a rectificación do Goberno provincial, que "acepta finalmente aprobar axudas para os concellos que sufriron danos nas súas infraestruturas durante os temporais do Nadal".

 

“Salientamos a rectificación do Goberno e que acepte a nosa proposta para aprobar axudas da Deputación e dar unha resposta conxunta, co Goberno central e coa Xunta, a unha situación extraordinaria. Esta é a política que esperan os cidadáns”.

 

Pola contra, chamou a atención na posta en escena do PSOE no Baixo Miño, na que Carmela Silva pedía fondos á Xunta pero sen comprometer un só euro da Deputación, “cando é a institución que debe cooperar técnica, xurídica e economicamente cos concellos, especialmente cos de menor capacidade económica e de xestión" asegura o voceiro popular.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.