Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 31 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Abre o prazo para participar nos campamentos DepoAventura

Ata o 28 de febreiro poderase solicitar algunha das 1.540 prazas para o programa de lecer que a institución organiza cada verán nas instalacións do Grove

A Deputación abrirá hoxe martes, 31 de xaneiro, o prazo para participar no programa DepoAventura A Lanzada, que se espallará entre o 25 de xuño e o 9 de setembro nas instalacións que a institución provincial ten no Grove. Ata o 28 de febreiro poderase solicitar algunha das 1.540 prazas ofertadas para desfrutar do completo programa de lecer que a Deputación organiza cada verán, cun amplo abano de actividades encamiñadas ao enriquecemento persoal da rapazada. Os campamentos desenvolveranse en once quendas entre o 25 de xuño e o 9 de setembro e están dirixidos a nenas e nenos empadroados na provincia e nados entre os anos 2010 e 2015.

 

O tiro de saída ao programa DepoAventura A Lanzada terá lugar o 25 de xuño, coa primeira quenda que se espallará ata o 1 de xullo. As restantes terán lugar entre o 2 e o 8 de xullo, o 9 e 15 de xullo,  do 16 ao 22 de xullo, do 23 ao 29 de xullo, entre o 30 de xullo e o 5 de agosto, do 6 ao 12 de agosto, do 13 ao 19 de agosto, do 20 ao 26 de agosto, entre o 27 de agosto e o 2 de setembro e do 3 ao 9 de setembro.  En cada unha das quendas participarán 140 nenas e nenos ata completar as 1.540 prazas ofertadas, das que 210 se reservarán para menores en risco de exclusión social e as 1.330 restantes seguirán o procedemento xeral. Todas as prazas serán adxudicadas por sorteo.

 

Desde 2015 pasaron pola Lanzada un total de 12.529 nenas e nenos da provincia. No 2022 as nenas e nenos realizaron unha completa listaxe de actividades deportivas e de ocio na praia pero tamén iniciativas de coñecemento da contorna natural, excursións ao Monte da Siradella e á Illa de Ons, obradoiros de pulseiras, personalización de gorras, pintura, xogos e veladas nocturnas, unha recreación dunha feira romana (Arde Lanzadus), actividades circenses (malabares, clown, equilibrios), xincana de pistas, así como crearon a mascota do campamento e realizaron un obradoiro dedicado ás mulleres na ciencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.