GALICIA
A Xunta lamenta que o Goberno central ten os fondos europeos nun "punto morto"
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reclamou na V Conferencia sectorial para a mellora regulatoria e o clima de negocios unha cogobernanza efectiva e real coas Comunidades Autónomas
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Madrid na V Conferencia sectorial para a mellora regulatoria e o clima de negocios, na que insistiu na colaboración por parte da Xunta e reclamou unha cogobernanza efectiva e real das Comunidades Autónomas na xestión dos fondos europeos.
Conde sinalou que Galicia ten identificados proxectos que poderían impulsar a industrialización e a transformación do tecido produtivo que non están atopando resposta nos fondos europeos, e insistiu en que é precisa unha maior axilización na execución dos mesmos. “Temos proxectos moi importantes como Resonac (antes Showa Denko), Altri, Stellantis ou Sentury que non teñen concretado como acceder a estes fondos”, apuntou o vicepresidente primeiro da Xunta, quen subliñou que “estamos nunha situación de punto morto” tanto na adxudicación das axudas como na concesión de préstamos.
Segundo remarcou o responsable de Economía, Industria e Innovación en relación aos Perte, “nestes momentos tan só se ten convocado un 30% das axudas con apenas un 13% das resolucións”, e polo tanto, indicou que “existe unha enorme dificultade para que os investidores poidan tomar decisións”. Tal e como subliñou Conde, non houbo propostas concretas por parte do Ministerio, “simplemente se nos trasladou a importancia de trasladar achegas, pero non houbo contestación ás achegas que xa temos trasladado”, e tampouco se concretaron cales son as condicións coas que as empresas van poder acceder aos préstamos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208