MOS
Xuventudes socialistas de Mos celebra o seu VI Festival solidario
O vindeiro sábado 4 de febreiro ás 17.00 horas no Centro Cultural de Guizán terá lugar o VI Festival solidario das xuventudes socialistas de Mos, a organización di sentirse satisfeita por chegar a VI edición deste festival que naceu co obxetivo de poder aportar unha axuda a aquelas entidades que fan unha gran labor no concello. Comezaron axudando a ASODIFISI na súa primeira edición pasando polo banco de alimentos de Mos, elfos e calcetíns, COGAMI e por segunda vez colaboran ca Asociación Contra o Cancro de Mos.
Na súa VI edición queren axudar a AECC de Mos cunha aportación económica que será obtida a través das entradas para o festival ou colaboracións ca entrada fila 0. Christian González, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Mos co seu equipo, ven de reunirse ca directiva local, ca que consolidaron o seu compromiso de doazón do festival. González manifesta que dende a organización moza teñen un gran compromiso social e que é para eles un orgullo colaborar ca entidade.
Por outra banda, Xuventudes socialistas de Mos quere volver por en valor a variedade musical e artística do concello, da man da solidariedade das diferentes agrupacións que participan no festival. Convidan o público a asistir e desfrutar das diferentes actuacións de teatro, música, canto e baile. Para poder asistir, a aportación en forma de doazón é de 5€ ou tamén se pode colaborar con fila 0 cun importe de 3€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149