Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 04 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP asegura que "Movemento Salceda é o populismo na máxima categoría"

O Grupo Municipal Popular de Salceda de Caselas ven de apoiar e aprobrar xunto o PSOE, os novos estatutos do Consorcio do Louro, o igual que o fixeran nestes días pasados, os plenos municipais dos Concellos que tamén integrano Consorcio,  O Porriño, Tui e Mos.

"Todos eles con gobernos de diferentes cores políticas e con apoios diferentes. Curiosamente, Movemento Salceda que é parte do goberno de Salceda de Caselas, votou en contra dos mesmos, logo de ser os mesmos estatutos do ano 2015 cando era alcalde de Salceda o señor Besada", sinalan.

 

O entender dos concelleiros do Partido Popular, Movemento Salceda e a súa voceira, Dolores Castiñeira: “non son leais, serios nin creibles. O populismo leva demasiado tempo no goberno salcedense. Como é posible que os mesmos estatutos en canto a número de votos e aportación por Concello, sexa o mesmo que se acordara no ano 2015 sendo alcalde o señor Besada de Movemento Salceda cos diferentes alcaldes/as de aquel entón, e agora non lle valen a quen era a man dereita do exrexidor”.

 

“Os estatutos estiveron a exposición pública para quen o decidise poidese presentar alegacións. Movemento Salceda (con tres adicacións o Concello), non presentaron ningunha alegación. Polo tanto, estarían dacordo cos estatutos, ou ben agora pretenden dar a imaxe de que so eles defenden “o saneamento para Salceda”, cando a relaidade é que levan 16 anos no goberno e teñen un balance moi, pero que moi mellorable neste eido” explican dende o PP.

 

“Xa ninguén lles cree no tocante o saneamento. No ano 2015, (antes das eleccións municipais) no seu boletín informativo, decían que se executaría o saneamanto na parroquias de Soutelo e Entenza antes de novembro dese ano, e que o faría a Confederación Hidrográfica. Agora din que a culpa é da Xunta. A realidade é que non dixeron a verdade, que o sanemento segue sen executarse e que xa ningún veciñ@ lles compra o seu discurso populista e oportunista de culpar a todos e non asumir a sua responsabilidade” sinalan os populares.

 

“Que O Porriño teña 3 votos, non significa que vaiamos quedar sen axudas no reparto dos fondos do Consorcio, nin que teña maioría absoluta, nin que non sexan solidarios e leais con Salceda. Todo o contrario!. Aquí os únicos insolidarios, irresponsables e desleais, son os concelleiros de MS con Dolores Castiñeira (exalcaldesa e membro do Consorcio) a fronte. Non se pode ser máis incoherente, señora Castiñeira. Agora como non é Alcaldesa, xa non lle gusta o Consorcio, nin quenes están ahí representando os veciños dos catro Concello” aseguran os populares.

 

Para o PP “a señora Alcaldesa, neste asunto, actuou con responsabilidade, coherencia e  acordou, xunto os catro rexedores, un acordo unánime, polo que o meu Grupo, deu o apoio a estes estatutos, saídos das negociacións e da lealdade recíproca”.

 

Rematan sinalando que “a señora Alcaldesa, atopouse ca realidade dos seus socios de goberno, que se desmarcaron e a deixaron soa. Xa lle dixemos en moitas ocasións que se equivocara naquel pleno de xuño de 2019, xa que os únicos perxudicados eran e seguen a ser os salcedenses. Ese pacto 'da rampa do auditorio', foi un fraude os intereses dos salcedenses, a maioría dos votantes socialistas e un engano masivo a sociedade salcedense”. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.