TUI
O Partido Popular de Tui presenta a Lola Soto
A actual Presidenta do Liceo Casino de Tui únese ao proxecto de Nico
O Partido Popular de Tui anunciou esta semana a incorporación da actual Presidenta do Liceo Casino de Tui, Lola Soto, que formará parte do equipo de traballo, así como tamén da lista electoral, que acompañará a Nico Montes nas próximas eleccións municipais que se celebrarán o próximo 28 de maio.
“Lola é unha muller cunha ampla formación ademáis deser unha traballadora incansable que dende que a coñecín cautivoume. Estou moi orgulloso de que se incorporase a este ilusionante proxecto co que pretendemos buscar un cambio para mellor da nosa cidade”, declarou o candidato Nico Montes.
Montes de cara ás eleccións municipais do 28 de maio
Lola Soto, de 50 anos, é Licenciada en Bioloxía e Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais. É a responsable de prevención de riscos laboráis na multinacional Lear Corporation e, dende o 2019, é a Presidenta do Liceo Casino de Tui.
“Desde o primeiro momento que Nico me explicou en que consistía o seu proxecto non tiven dúbidas á hora de acompañalo neste desafío. Ambos buscamos o mellor para Tui e creo que eu tamén debía dar un paso adiante para lograr o cambio na nosa cidade que tantos tudenses queremos”, expresaba Lola Soto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122