Vigo
O Concello humanizará a contorna de Balaídos
O alcalde avanzou onte a previsión de rematar a humanización da rúa Val Mlñor na zona que circunda ao estadio de Balaídos. O goberno local aprobou un proxecto que conta cun orzamento de 1,8 millóns e unha previsión de execución de seis meses.
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de urbanización da rúa Val Miñor e a confluencia coa avenida Fragoso, cun orzamento de 1.831.856 euros e un prazo de execución de 6 meses. Tal e como detallou o rexedor, inclúe a renovación do entorno inmediato do estadio, a recuperación do espazo dedicado ao aparcamento para uso peonil, a renovación da rede de drenaxe e saneamento de pluviais para aumentar a súa capacidade, ante as inundacións que se rexistran por fortes choivas.
Entre as actuacións previstas destaca a execución de firmes e pavimentos convertendo a zona en peonil; reposición da rede de pluviais e colocación de sumidoiros nos desniveis entre o pavimento peonil e o rodado, de xeito que poidan reter auga; instalación de novos tubos de pluviais de maior capacidade; renovación da rede de iluminación; novo mobiliario urbano e un novo photocall con nome do estadio municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163