MOS
Aberto o prazo de inscrición das andainas do Concello de Mos
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron hoxe de que as persoas interesadas en participar este ano na iniciativa xa poden anotarse na web municipal
Mos repite programa de andainas medioambientais un ano máis, chegando xa á súa terceira edición. A iniciativa comezaba en 2021, ano no que se levaron a cabo 5 andainas. O ano pasado duplicáronse as saídas e realizáronse 10, unha por parroquia, nas que participaron en total, entre todas, 1.500 persoas. En 2022 triplicárose os participantes respecto á primeira edición, xa que en 2021 foi medio milleiro de participantes os que fixeron as andainas medioambientais do Concello de Mos.
A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o edil de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron hoxe de que os interesados en participar neste novo programa de andainas de Medio Ambiente xa poden inscribirse gratuitamente a través da páxina web municipal www.mos.es accedendo ao formulario de inscrición na seguinte ligazón: https://www.mos.es/andainas-medioambiente/
As andainas realizaranse en domingos de 10 a 13 horas na primaveira e no outono. Levaranse a cabo 4 o 5 saídas en primavera e 5 ou 6 en outono. Os participantes recibirán como agasallo unha mochila e un chaleco.
O concelleiro Costas informou de que desde a administración local estase deseñando o percorrido das andainas en colaboración con diferentes colectivos parroquiais e xa se atopan definidas as características comúns que compartirán as andainas.
A pasada edición foi todo un éxito de afluencia e en total participaron na iniciativa 1.500 persoas
Todas terán un percorrido cunha lonxitude mínima de 6 quilómetros e máxima de 9 quilómetros. Ningunha delas poderá ter máis dun 20% do traxecto que transcorra por asfalto. Fomentarase o paso por zonas máis descoñecidas para a veciñanza como poden ser sendeiros de regadío, carreiros, pistas, etc. Toda aportación e idea dos diferentes colectivos colaboradores será benvida.
A participación neste programa é totalmente libre e de balde, e poden acudir membros de toda a familia, tamén cans se son sociables.
Os asistentes contarán con auga para beber durante o traxecto e vixianza e acompañamento por parte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.
Este programa de andainas trátase dunha iniciativa que persegue o obxectivo de promover un lecer de goce do patrimonio natural local mosense, así como de concienciación medioambiental. Ocio pro medio ambiente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149