Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 20:13:07 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 05 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
Na Intermunicipal do Partido Popular en Valencia

Nidia Arévalo: “O segredo do éxito reside no sentido común e na proximidade"

Di que “o PP cree no municipalismo, presenta aos mellores candidatos e por iso temos aos mellores alcaldes e alcaldesas, pero o resto non teñen por que ser os mellores. Chégalles con arranxar un pacto para gobernar”.

A alcaldesa de Mos e vicepresidenta do PP de Pontevedra, Nidia Arévalo, participou onte na mesa redonda “Pasado, presente e futuro do municipalismo”, durante a Intermunicipal que os populares están celebrando en Valencia, e á que tamén asistiu o presidente provincial, Luis López, entre outros cargos do partido na provincia.

 

Arévalo, que foi a única alcaldesa galega en intervir durante a intermunicipal, sinalou que o segredo para manterse no cargo durante 15 anos e seguir recibindo apoios reside “no sentido común, na proximidade, en priorizar sempre os intereses dos meus veciños, en crer no municipalismo e crer que a transformación de Mos era posible”. A popular afirmou que “o PP cree no municipalismo, presenta aos mellores candidatos e por iso temos aos mellores alcaldes e alcaldesas, pero o resto non teñen por que ser os mellores. Chégalles con arranxar un pacto para gobernar”.

 

[Img #80177]

 

Sobre a súa xestión ao fronte do concello, explicou que “reclamo onde faga falla os investimentos e os servizos que os meus veciños precisan. Temos unha folla de ruta clara, e nestes quince anos Mos pasou de ser un concello descoñecido, case unha autovía de entrada a Vigo a converterse en industria, en patrimonio e, sobre todo, un concello humanizado. Hoxe toda Galicia sabe onde está Mos”. Durante a súa intervención tamén puxo en valor que “conseguimos grandes proxectos para garantir o progreso de Mos”, e como exemplo, sinalou que este concello, e non Vigo, acolle xa a cidade deportiva do primeiro equipo de Galicia, o Celta.

 

Isto, continuou, “é o municipalismo, un compromiso firme e decido para servir aos meus veciños”. Un compromiso que conleva “estar permanentemente na rúa, para coñecer as necesidades dos veciños, rodearse dun gran equipo humano e ter un programa pensando que o que facemos a corto prazo debe servir, sempre, ao que necesitará de verdade o noso concello no futuro, e para isto é fundamental planificar e non improvisar”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.