SALUD
Na busca dun comercio adaptado ás necesidades das persoas celíacas
Máis de 250 comercios ou centros hoteleiros de toda Galicia participan nun programa que ofrece formación, asesoramento e controis de alérxenos
A Xunta asinou un novo convenio coa Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) para fomentar un comercio adaptado ás necesidades das persoas celíacas. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitaba esta fin de semana a tenda Raíña Paraíso na praza de Abastos de Santiago, un dos establecementos adheridos a este programa.
Fabiola García apuntou que mediante a iniciativa ‘A restauración galega sen glute’, distínguese a aqueles comercios de referencia na xestión de alérxenos para que as persoas celíacas teñan máis doado ir a facer a compra ou comer nun restaurante con todas as garantías. Nestes momentos, son máis de 250 comercios ou centros hoteleiros de toda Galicia os que participan no programa.
A conselleira sinalou que estes locais poden formarse na elaboración dun menú sen glute, reciben asesoramento técnico e información sobre provedores e sométense a auditorías ou inspeccións periódicas para valorar a aplicación destas medidas. Así mesmo, agradeceu a Acega pola súa labor pedagóxica e polo seu empeño para ofrecerlle ás máis de 3000 persoas celíacas de Galicia unha oferta gastronómica variada e segura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116