Jueves, 19 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 06 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Aberta a inscrición para o Desfile de Carrozas e Comparsas de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas ten xa aberto o prazo de inscrición para o XXIV Desfile de Carrozas e Comparsas do Entroido 2023, que se celebrará o 19 de febreiro de 2023.

 

Durante a primeira semana de inscricións as comparsas e agrupacións do Concello poderán realizar a súa inscrición, e a partir de hoxe 6 de febreiro e ata o 12 poderán facelo as agrupacións de calquera Concello.

 

Poderán participar no desfile todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 15 compoñentes e constituídas legalmente como asociación. Deberán formalizar pola sede electrónica do Concello de Salceda de Caselas a inscrición.

 

As agrupacións poderán presentarse con ou sen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolos dous casos. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica pola súa participación, que varía entre os 150 e os 900 € en función do número de compoñentes. Ademais da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías.

 

Este ano 2023, o desfile volta á normalidade, logo de non celebrarse no ano 2021 pola COVID19, e das restriccións do pasado ano. Deste xeito, voltará unha das citas máis agardadas pola veciñanza, o concurso de coplas que reúne cada ano a centos de persoas na Praza do Concello.

 

Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web do Concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.