Galicia
Rueda anuncia un contrato estable para todos os residentes de medicina familiar
Adianta que o Sergas pretende convocar este mes máis de 400 prazas fixas sen oposición para lugares de difícil cobertura
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego ofrecerá un contrato estable de tres anos para todos os residentes de medicina de familia tan pronto rematen a súa especialidade.
Durante a sesión de control no Parlamento de Galicia, Rueda adiantou que esta é unha das iniciativas que o Sergas lles propuxo esta mañá aos representantes da Mesa Sectorial de Sanidade, xunto á de convocar este mes de febreiro máis de 400 prazas fixas sen oposición para lugares de difícil cobertura. En concreto, precisou que irán dirixidas a cubrir postos de médicos de familia, pediatras de atención primaria, facultativos en hospitais comarcais e profesionais da saúde mental.
33 citas ordinarias ao día en atención primaria
A terceira proposta da Xunta á Mesa Sectorial de Sanidade da que deu conta Rueda é o compromiso de que os médicos de familia teñan axendas de 33 citas ordinarias, de 10 minutos cada unha, e 7 espazos reservados para as urxencias. “Cando haxa picos de demanda e deban atender a máis destas persoas, permitirase que se prolonguen as xornadas a cambio dunha remuneración adicional”, aclarou.
“Isto é facer medicina de calidade, falando cos profesionais”, defendeu Rueda sobre as propostas na Mesa Sectorial de Sanidade, á vez que insistiu no compromiso do Goberno galego de “seguir traballando en solucionar os problemas que ten o mellor tesouro desta comunidade autónoma, que é unha Sanidade pública de calidade”.
Rueda incidiu en que, desde a “autocrítica e humildade”, a Xunta está traballando en mellorar “eivas” que se detectan, pero tamén en consolidar aquelas actuacións que se están a facer ben.
Neste senso, puxo en valor os datos do último Barómetro Sanitario do CIS, nos que se recolle que Galicia é “segunda comunidade que mellor valora a súa sanidade pública, 10 puntos máis que a media nacional” e nos que se puntúa ao Sergas “cun 6,58 sobre 10”, o que supón unha das notas máis altas de toda España. “Estas son as cousas que hai que seguir facendo e non imos aforrar melloras nin esforzos”, comprometeu o mandatario galego para concluír a súa intervención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56