MUNDO EMPRESA
A Xunta reforza con máis de 1,6m€ as axudas para impulsar a prevención de riscos laborais
O Goberno galego abre o prazo de solicitude para apoiar cursos e outras actividades de divulgación da cultura preventiva en asociacións empresariais, organizacións sindicais, fundacións sectoriais e colectivos de autónomos
A Xunta convoca no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova edición do programa de axudas para a prevención de riscos laborais en asociacións empresariais, organizacións sindicais, fundacións sectoriais e colectivos de autónomos. A Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade investirá este ano máis de 1,6 millóns de euros (un 11% máis que en 2022) nesta actuación coa que se apoian accións de formación, sensibilización e asesoramento neste eido. As axudas poden solicitarse desde mañá e ata o próximo 8 de marzo.
O programa, en concreto, está dirixido ás organizacións empresariais e sindicais galegas, sectoriais e intersectoriais, así como ás fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral e ás asociacións de autónomos.
A iniciativa contén dúas liñas de axudas: a primeira, dotada con 1 millón de euros, está destinada a financiar cursos e xornadas formativas de carácter intersectorial e a apoiar os gabinetes técnicos de prevención de riscos laborais; e o segundo programa, cun orzamento de 655.000 euros, promoverá cursos e xornadas que incidan en sectores específicos.
Poden optar a apoios de ata 10.000 euros para realizar estudos sectoriais e de 1.500 para a celebración de xornadas
Na resolución da convocatoria, a Xunta outorgará maior puntuación ás entidades atendendo a criterios de paridade nos seus cadros de persoal, á estabilidade no emprego e outras medidas de carácter social como a activación de actuacións preventivas en poboación traballadora de máis de 55 anos e a inclusión da perspectiva de xénero nas mesmas. Priorízanse, ademais, as accións formativas centradas na prevención de accidentes marítimos e en actividades que implican pola súa natureza un perigo.
As entidades beneficiarias poderán optar a axudas de ata 10.000 euros para a realización de estudos e de ata 1.500 para a celebración de xornadas, entre outros. As actividades que reciban financiamento deberán celebrarse ao longo de este ano, desde xaneiro e ata o próximo 31 de outubro. En 2022, máis de 30 entidades resultaron beneficiarias destas axudas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22