Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 13 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Román Rodríguez avanza que a reforma da biblioteca rematará en abril

O conselleiro de Cultura visita o centro xunto á alcaldesa, Nidia Arévalo, onde a Xunta destina 250.000 euros para a súa modernización e mellora

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron hoxe a biblioteca municipal cuxa reforma integral afronta a última etapa coa previsión de rematar en abril. Trátase dun proxecto para o que a Xunta colabora co Concello de Mos con 250.000 euros e que permitirá, entre outras accións, incluír novos espazos infantís, tecnolóxicos e audiovisuais.

 

[Img #80274]


“Seguimos avanzando así no noso compromiso por facilitar e mellorar o acceso á cultura de todos os galegos, apostando pola innovación e modernización das infraestruturas de proximidade”, expresou o titular de Cultura da Xunta. Neste sentido, destacou que esta é unha das liñas de actuación do novo Plan Xeración Cultura, a folla de ruta de 2023 para acompañar a expansión do sector cultural cunha batería de medio cento de medidas e un investimento global de 34M€.


Precisamente o Plan oriéntase a facilitar o acceso a cultura a todas as persoas e en todos os lugares, un aspecto que tamén salientou o titular de de Cultura da Xunta que se referiu ao “avance significativo para os veciños de Mos” que suporán os novos servizos que incorporará a nova biblioteca municipal María Magdalena.


Zona infantil e de lectura

En concreto, os traballos permiten transformar os espazos adaptándoos ás necesidades actuais, para o que se incluirá unha zona infantil de lectura, unha sala de estudo, así como áreas de informática. Tamén se dotará de novo mobiliario con materiais ergonómicos e adaptados á rapazada e se vai mellorar a iluminación e un novo sistema audiovisual con proxector e pantalla para presentacións e exposicións.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.