Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Xornal21.es
Viernes, 17 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Tui incorpora a cinco axentes da Policía Local

Tamén cun novo funcionario de carreira auxiliar de arquivo e biblioteca

A plantilla da Policía Local de Tui ven de ser reforzada coa incorporación de cinco axentes que veñen de completar a súa formación dun ano na Academia Galega de Seguridade. Son catro homes e unha muller, sendo a primeira vez na historia que Tui conta cunha muller coma funcionaria da Policía Local.    

Esta semana foron recibidos na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Persoal e Seguridade, José Ramón Magán, que lles deron á benvida ao Concello de Tui.


O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, destacou coma a incorporación destes axentes supón un incremento do 50% da plantilla da Policía Local o que dicía “permitirá prestar un mellor servizo á cidadanía e recuperar parcialmente a quenda de noite”.


Tamén hoxe foi recibido polo alcalde e polo concelleiro de Persoal o novo funcionario Ramón Nogueira González, que a semana pasada tomaba posesión coma funcionario de carreira no posto de auxiliar de arquivo e biblioteca municipal tras aprobar o proceso selectivo da Oferta de Emprego Público de 2019.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.