MOS
Moción do PSOE de Mos sobre o transporte metropolitano
No último pleno do mes de xaneiro, os socialistas presentaron unha moción na que reclamaban "melloras no servizo do transporte metropolitano" que presta a Xunta de Galicia. Moción que argumentaron presentala motivada "polas queixas da veciñanza, queixas que se producen tanto no concello polo que son coñecedores coma chamadas a bancada socialista".
"Entre as reclamacións, atopamos o incumprimento dos horarios, incumprimento das paradas, autobuses que non cobren as necesidades da veciñanza con mobilidade reducida, non rematan as rutas chegando a estación de autobuses coma deberían, entra as cuestións que sinalan coma máis graves". Polo que lle pedían ao concello que "faga un seguimento e posterior informe que sexa remitido a Xunta, así como solicitarlle a Xunta que faga o oportuno seguimento, que restableza as paradas eliminadas, así coma facer cumprir o contrato a empresa concesionaria".
Victoria Alonso, voceira dos socialistas, argumentaba na súa intervención que "é un servizo necesario para a veciñanza que non dispón de facilidades para desprazarse, e que cos continuos problemas que se veñen arrastrando dende fai meses o que provocan é que a xente deixe de usar este servizo". Alonso engade que "como consecuencia a eliminación e incumprimento dos servizos, ca conseguinte perda de usuarios, elabóranse informes alegando servizo deficiente". Alonso insiste en que "nos concellos rurais, é de suma importancia o transporte público e demostra a implicación ca veciñanza en función dos servizos prestados".
Alonso finaliza dicindo que "non se pode permitir que as institucións prexudiquen a veciñanza con servizos que son imprescindibles e convida aos PP de Mos a que reclame ante a Xunta de Galicia unha solución urxente".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149