Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 11 de Marzo de 2026 a las 08:41:40 horas

Xornal21.es
Domingo, 19 de Febrero de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán estreará en abril o trail ‘5 Miradoiros’

As probas desenvolveranse o sábado e domingo 22 e 23 de Abril con saídas desde Camos e Chandebrito respectivamente e percorrido polos outeiros das parroquias do interior

O Concello de Nigrán estreará este mes de Abril o seu propio trail ‘5 Miradoiros’ co obxectivo de fixar no seu calendario deportivo esta proba que fusionará deporte e natureza coas vistas máis espectaculares e descoñecidas do municipio. Este terá lugar o sábado 22 de Abril pola tarde cunha proba de ascensión e escalonada de 3,5 km e saída desde Camos e o domingo 23 pola mañá con tres probas (trail longo, curto e andaina) e saída desde Chandebrito, pasando en todos os casos polas parroquias do interior: Camos, Chandebrito, Priegue e Parada. A inscrición para as diferentes modalidades está aberta ata o 18 de Abril a través da web www.razapalleira.com , clube que colabora na organización deste evento. O máximo de participantes será de 300.

 

“O percorrido destas probas resume o noso lema ‘Nigrán, Equilibrio Natural’: deporte, natureza e vistas espectaculares nunha contorna do noso municipio máis descoñecida e que vai sorprender moitísimo aos participantes”, avanza o rexedor, Juan González, quen considera que o propio deseño do itineario (miradoiros de O Pericoto do Vilar, Sanomedio, Estripeiro, Outeiro das Señoras e Montecastelo) consolidará a proba desde a súa primeira edición.

 

 

 

 

“O percorrido destas probas resume o noso lema ‘Nigrán, Equilibrio Natural’: deporte, natureza e vistas espectaculares nunha contorna do noso municipio máis descoñecida e que vai sorprender moitísimo aos participantes”, avanza o rexedor, Juan González

 

 

 

 

En total, haberá 4 tipos de probas. O sábado (17:00 horas) unha proba de ascensión  con saída escalonada e percorrido marcado con saída desde O Xuncido (parte baixa de Camos) á caseta dos cazadores, no cumio da parroquia, o que implica medio kilómetro en vertical.

 

O domingo (10:00 horas) a proba será un percorrido marcado con dúas distancias (25 e 13 km respectivamente), que compartirán boa parte do seu itinerario. Ademais, haberá unha andaina de 13’5 km.

 

O evento estará marcado pola normativa da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.120

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.