Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 09:43:19 horas

Días de este evento:
Del Sábado, 22 de Abril de 2023 al Domingo, 23 de Abril de 2023

AXENDA

Trail ‘5 Miradoiros’

O Concello de Nigrán estreará este mes de Abril o seu propio trail ‘5 Miradoiros’ co obxectivo de fixar no seu calendario deportivo esta proba que fusionará deporte e natureza coas vistas máis espectaculares e descoñecidas do municipio. Este terá lugar o sábado 22 de Abril pola tarde cunha proba de ascensión e escalonada de 3,5 km e saída desde Camos e o domingo 23 pola mañá con tres probas (trail longo, curto e andaina) e saída desde Chandebrito, pasando en todos os casos polas parroquias do interior: Camos, Chandebrito, Priegue e Parada. A inscrición para as diferentes modalidades está aberta ata o 18 de Abril a través da web www.razapalleira.com , clube que colabora na organización deste evento. O máximo de participantes será de 300.

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.