DEPORTES
Recoñecemento ao taewondo da provincia
A Deputación de Pontevedra vén de realizar un recoñecemento á Federación Galega de Taekwondo e aos e ás taekwondistas da provincia tralos excepcionais resultados que continúan a obter a nivel nacional e internacional, os últimos acadados no Campionato de España celebrado en La Nucía (Alacante), onde se proclamaron campións e campioas de España na modalidade de Técnica e acadaron un segundo posto na modalidade de Combate por equipos na clasificación xeral en categoría feminina. O deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, recibiu no Edificio Administrativo a corenta taekwondistas liderados pola vicepresidenta da Federación, Noelia Pérez, e felicitounos/nas polos seus logros que, como subliñou, “converten a esta provincia nunha potencia mundial”. Gómez enxalzou o labor da federación, dos clubs, das familias e dos e das deportistas que co seu esforzo están a acadar todos estes éxitos e destacou que actos como o de hoxe buscan “visibilizar” desde a Administración provincial o relevante papel que están a ter os e as taekwondistas, “que non sempre ocupan o espazo mediático que merecen”, no marco do “decidido apoio da Deputación ao deporte inclusivo e igualitario”. “É un orgullo para Pontevedra –engadiu- que representedes tan ben á vosa provincia, aínda que o máis importante é que desfrutedes do deporte”.
Pola súa banda, Noelia Pérez agradeceu o acto de recoñecemento da Administración provincial, “porque é importante visibilizar a todos e todas os/as campións e campioas e que se vexa que somos unha gran potencia” e felicitou tamén aos e ás taekwondistas, lembrando que esta “é unha das disciplinas con máis deportistas DepoDan e DepoPromesa na provincia, xunto aos deportes náuticos”. Nese senso agradeceu estas axudas provinciais, “que son moi importantes xa que no deporte de alta competición cada vez temos máis gastos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218